
Unha actividade que pode ser moi útil para aprender literatura, na que participamos no curso pasado, foi a proxección da película "Lazarillo de Tormes". O noso salón de actos parecía un cine, á maioría da xente gustoulle a película.
O noso centro fai moitas actividades: excursións, películas, obras de teatro, charlas... Isto é bon para todos porque aprendemos de forma diferente.
Os cursos de 1º e 2º da ESO unha vez por cada avaliación van ao auditorio municipal a ver unha película do Cinensino e despois contestarán unhas preguntas sobre a película que viron. As excursións fanse nos curso 4º da ESO e nos dous de bacharelato; imos a diversos lugares de Europa. Este ano en 4º imos ir a Amsterdan. Para recaudar fondos para poder ir todos facemos un festival onde a xente pode bailar, cantar... O profesorado tamén participa e como recompensa reciben un pequeno detalle.
As obras de teatro son representadas no salón de actos, algunas son organizadas pola Consellería de Educación e outras polo noso centro educativo.