jueves, 10 de diciembre de 2009

Ética e empresa, actividade 8



CAPITALISMO: xurdiu no seculo XVI, é un sistema económico onde seres humanos e empresas levan a cabo a produción e o intercambio de bens e servizos nos que imterveñen os prezos e mercados.


DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: é a forma de desenvolvemento que satisfai as necesidades do presente sen comprometer as do futuro, como un proceso dinámico onde os esforzos institucionais, a orientación do desenvolvemento tecnolóxico, a explotación dos recursos e o destino dos investimentos deberán de estar orientados para satisfacer tanto as necesidades presentes como as futuras.

O noso goberno debería realizar varias ideas para afrontar esta crise como reducir os impostos e os seus salarios dos cargos públicos... Cada dìa hai máis parados, e iso tamén o debían remediar.

martes, 1 de diciembre de 2009

Repasando conceptos basicos, actividade 7

Como ben dixo Alexandra neste curso aprendimos o que é unha empresa, como emprender un negocio...

-Obradoiro: cento de traballo onde se desenvoven traballos ou servizos

-Iniciativa: entendida como a creacio de empresas, son unha actitude ou xeito de facer as cousas nas que se reflexa a motivación e capacidade do individuo para identificar unha oportunidade de negocios e producir un novo producto ou servizo

-Emprender/emprendedor: é un proceso social e dinámico noque os indivíduos, a título persoal ou en colaboración, identifican oprotunidades para innovar e actúan transformando as ideas en actividades prácticas

-Empresario: xestión da empresa na que o emprendedor ten por fin unha empresa e se convertise enton en empresario aorganizandoa e levandoa a cabo.

-Proxecto ou plan de empresa: xestión de empresa,como se o emprendedor que por fin ten unha empresa se converterse entón en empresario.
-Empresa: é unha organizacion que desenvolve un conxunto de actividades e emprega diversos recursos (financieiros, materiais, tecnolóxicos) para satisfacer as necesidades do seu mercado meta, xá sexa con ánimo de lucro ou sen el.

-Ánimo de lucro: facer algo,calquera acción co propósito de obter un beneficio económico a cambio, e decir,co propósito de lucrarse

-Idea emprendedora: persoa que da unha idea que pode chegar a covertirse nun proxecto concreto,xa sexa unha empresa con fins de lucro ou unha organización social , que esta generando algún tipo de innovación e empleos.









jueves, 19 de noviembre de 2009

Buscando ideas, actividade 6

O texto dos "nenos con ideas que valen millóns" é moi interesante, tamén demostra que hai nenos con boas ideas.


O dos bistés non me pareceu tan ben coma o dos nenos, aínda que é moi importante para a nosa alimentación.
porque


A base da idea publicada por Joban na paxina ideas4all é genial. E así se puxera en práctica o feito de que as persoas contratadas polo supermercado te chamen, é decir, faste clienta predilecta do supermercado. Ás 20 veces de ir tománche os datos e chamante cada semana. Identifícante como parte do supermercado e listo!!! só che dicen se necesitas o super e o que necesitas porque eles automaticamente xa saben as marcas que prefires os productos que necesitas.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Prensa e economìa, actividade 5

España afronta unha grande crisis que afecta a todos os españois, a maior precupación está nos postos de traballo. En España hai un 17% de parados e cada vez hai máis, incluso grandes empresas como Iberia, Opel... ata os bancos deixaron de dar axudas, préstamos...
Sobre isto hai moitas noticias na prensa:
O prezo efectivo dos coches situouse en 19.042 euros de media pola subida durante o mes pasado de octubre, o que representa una caída do 9% na comparación coas cifras do mesmo mes do ano pasao, según os datos da Federación de A.C.A (Faconauto). A patronal dos concesionarios sinalou que o prezo efectivo dos coches, o que paga a última instancia os compradores, sigue caendo durante 2009 e resultou que esta tendencia se incrementou desde a posta en marcha do Plan 2000E.

martes, 27 de octubre de 2009

Emprendendo no noso centro educativo, actividade 4

Unha actividade que pode ser moi útil para aprender literatura, na que participamos no curso pasado, foi a proxección da película "Lazarillo de Tormes". O noso salón de actos parecía un cine, á maioría da xente gustoulle a película.

O noso centro fai moitas actividades: excursións, películas, obras de teatro, charlas... Isto é bon para todos porque aprendemos de forma diferente.


Os cursos de 1º e 2º da ESO unha vez por cada avaliación van ao auditorio municipal a ver unha película do Cinensino e despois contestarán unhas preguntas sobre a película que viron. As excursións fanse nos curso 4º da ESO e nos dous de bacharelato; imos a diversos lugares de Europa. Este ano en 4º imos ir a Amsterdan. Para recaudar fondos para poder ir todos facemos un festival onde a xente pode bailar, cantar... O profesorado tamén participa e como recompensa reciben un pequeno detalle.


As obras de teatro son representadas no salón de actos, algunas son organizadas pola Consellería de Educación e outras polo noso centro educativo.











































jueves, 15 de octubre de 2009

O mundo emprendedor en Vilalba, actividade 3




Vilalba é un pequeno pobo de Lugo con 15455 habitantes. Vilalba ten un gran polígono industrial que xera moitos postos de traballo, aparte de ter este poligono ten un museo, e varias queixerías do queixo de San Simón, típico desta zona. O máis bonito de Vilalba, que todos os vilabeses temos o pracer de velo, é o castelo de Vilalba ou tamén chamado ponte de Andrade, que atrae moito turismo. Tamén temos a discoteca máis ampla de Galicia, a Troco. Animo a todos os mozos e mozas a que se acerquen a Vilalba os sábados para pasar unha bonita noite.



Imos falar agora dos queixos de Vilalba: a máis famoso e querido queixo de San Simón está elaborado nunha parroquia de Vilalba, San Simón da Costa, e o riquísimo queixo de Lorán elaborado en Abadín. Estes queixos son moi apreciados en Vilalba por iso lles facemos unha feira o primeiro domingo de abril onde poden degustar estes produtos e moitos máis, e o 21 de decembro celébrase a feira do capón do que consiste en espoñer os capóns e o mellor criador recibira un premio pero tamen podese comprar un capón pa comer en navida que está riquisimo, os primeiro domingo de mes temos a feira de Vilalba.

































































jueves, 8 de octubre de 2009

Vídeo sobre espírito emprendedor, actividade 2

Escollín un vídeo en youtube sobre os emprendedores.
Este vídeo é moi interesante, pode axudar a resolver dúbidas que che poden axudar nun futuro ou mesmo na vida cotiá, espero que vos sirva de axuda.

Para entrar no vídeo clica aquí.